jueves, 7 de mayo de 2015

20 de Maio dia sen Musica

                                                     MANIFESTO
                               "Sen música a vida sería un erro"


Tras máis de dous anos sufrindo un abuso fiscal inxustificado, en forma dun IVE do 21%, e o abandono histórico que as administracións públicas mantiveron sobre a música en directo - o subsector cultural menos subvencionado no noso país - é o momento de reafirmar o que valoramos e polo que traballamos:

Valoramos o carácter universal da música como unha das formas de expresión e comprensión máis antigas- posiblemente a máis antiga- da humanidade, capaz de unir e emocionar as persoas, máis alá da súa orixe, condición cultural e/ou social.
Valoramos que a música, e particularmente a música popular en directo, é Patrimonio Cultural de todos os cidadáns.
Valoramos a capacidade do noso país para producir novos contidos musicais convertibles en riqueza e empregos sostibles.
Valoramos a achega social e cultural de todos os concertos en directo e a importancia de ter un mercado competitivo para os máis grandes co fin de conseguir traer ao noso país o maior número posible deles.
Valoramos os empresarios establecidos e os emprendedores en sectores determinantes para a creación de imaxinarios culturais propios, como é o mundo a música.
Valoramos as salas e locais onde se aposta por programar música en directo e a importancia de que poidan ofrecer prezos accesibles a todos os estratos sociais.

A deterioración destes valores é vertixinosa e a música en vivo corre o perigo de desaparecer do noso país.

Á vista da situación, esiximos ao Goberno unha inmediata e significativa redución no tipo impositivo que actualmente grava o consumo final de música en vivo no noso país, e que nos coloca nunha posición de extrema debilidade fronte ao resto dos principais países da Zona Euro, que aplican á música un imposto do valor engadido reducido, para favorecer o consumo e o reinvestimento en talento.

É por iso que os que subscriben este Manifesto, adhírense á xornada de protesta convocada polas nosas asociacións, o próximo mércores 20 de Maio, día en que a música en vivo -e esperamos que tamén a que non é en vivo- calará totalmente, deixando salas e locais de concertos en silencio, como mostra do baleiro cara a onde nos leva ser o país co IVE sobre a música máis alto de toda a Unión Europea.


 Pedimos a adhesión a este Manifesto ao conxunto de todos os cidadáns que consideran a música como algo fundamental nas súas vidas e que, sen sabelo, están a pagar e sufrindo as consecuencias de tan disparatada medida gobernamental.

En definitiva, sexas quen sexas e esteas onde esteas:
o 20 de Maio apaga a música, para que no futuro poida soar


                                                          LUCIO 
                                                                      Sipnosis:
 Anarquistas houbo e segue habendo bastantes no mundo. Os que tiveron que cometer atracos ou introducirse no contrabando para a causa son numerosos. Os que discutiron estratexias con El Ché ou axudaron a Eldridge Cleaver -o líder dos Panteras Negras- son os menos. Os que unido a todo o anterior, conseguisen poñer contra as cordas ao banco máis poderoso do planeta mediante a falsificación masiva de traveller checks, e sen faltar un só día ao seu traballo de albanel de construción, só hai un. Lucio Urtubia, fillo de Cascante (Navarra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario