lunes, 11 de enero de 2016

Presentacion RockSoulFest venres 12 febreiro


QUERIDO EXTRAÑO EN CONCERTO domingo 31 xaneiro


Documental, martes 12 xaneiro



Martes 12 Xaneiro as 20:00h
Después de... é un dobre documental dos irmáns Bartolomeu, rodado entre 1979 e 1981. Dividido en dúas partes, No se os puede dejar solos e Atado y bien atado, recolle un período en que o proceso español de transición á democracia entrou nunha crise cuxa culminación foi o intento de golpe de estado do 23-F.
Tras presentar a primeira parte durante a sesión anterior, nesta ocasión proxectarase a segunda parte, Atado y bien atado. Se a primeira pretendía ser un achegamento a diversos sectores da sociedade española que daban o seu punto de vista, discutían ou explicaban como se viron afectados polos cambios producidos no país tras a morte de Franco, a segunda é xa unha análise política da transición, contado por e para a xente da rúa. Ante a cámara pasan políticos, profesionais de distintos ámbitos e cidadáns de a pé que dan testemuño e expresan as súas ideas acerca dos cambios acaecidos nos últimos anos, discutindo e poñendo en cuestión temas como as autonomías recentemente establecidas, o rexurdir do neo-franquismo, a incorporación de España a Europa, o terrorismo e o incremento da escalada da violencia. Esta segunda parte termina coa posibilidade involucionista por parte do Exército, citando concretamente a Miláns do Bosch.
Apenas unha semana despois de terminadas ambas películas, produciuse o golpe do 23-F e as películas foron secuestradas pola administración. Especialmente por ser premonitorias do mesmo, pero tamén por reflectir os cambios que se estaban producindo a nivel de xente da rúa, por contar o que os noticiarios non contaban, tentando descubrir que ocorría de verdade no país. As películas non puideron estrearse ata 1983, có cambio de goberno.


cartelada