domingo, 19 de febrero de 2017

Liz & The Blacksoul Band

Jorge Zunzunegui, nado en Miranda de Ebro, comezou a interesarse pola Música de meniño cando o seu irmá máis grande estudaba saxofón no Conservatorio Superior de Bilbao. Uníuse a el cursando Solfeo e Teoría da Música no Conservatorio Municipal de Miranda de Ebro, onde vivíu posteriormente. Continuou cos estudos de Saxofón e Percusión, formando parte da Banda Municipal de Música da Cidade e de Charangas que tocaban nas festas e romarías do entorno. Anos despois completou a súa formación cursando o Grao en Batería da Rock School de Santiago de Compostela onde reside actualmente. Participou no Rock is Dead Fest. Jorge tamén toca a batería nos Soul Keepers e Krill.

Elisa Pidal, Liz naceu en A Coruña e xa dende o berce viña escoitando cantar de cotío á súa avoa. Con oito anos comezou clases de canto e pandeireta de man das alumnas de Mercedes Peón na Asociación Folclórica da súa vila onde ficou máis de 15 anos tocando pandeireta, bombo e cantando.
Durante a adolescencia comeza a facer incursións en xéneros musicales coma o Rock en tódalas súas dimensións, Jazz, Soul e Blues. Durante unha estancia en Londres Elisa forma parte do dúo postfolk Rouges. E con posterioridade e mentres cursa estudos de Arteterapia na Escola de Belas Artes de Brescia en Italia comeza a formar parte da xa formada banda Roggiu de Mussa pin-a cos que toca constantemente en locais e eventos da cidade e de vilas da provincia. Cabe dicir que na sús andaina italiana formou parte tamén de unha banda de Batukada, os Appel.
A súa volta en Galiza e despois da súa maternidade, Elisa decide formarse en voz e fai diversas Master Class e seminarios de Técnica Vocal con Mónica de Nut en Vigo. Fai diversas colaboracións musicais con artistas de diversos xéneros, como cando gravou recentemente en Pontevedra co músico cubano Reyner Aldana.
Participa como vocalista no Rock is Dead fest de Santiago de Compostela onde coñece a dous dos compoñentes do que sería Liz & The Blacksoul Band e en varias Jam Session de Morrazica (Asociciación metal do Morrazo). Actualmente tamén cursa estudos de Interpretación na Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas do Morrazo, onde reside.

Gabriel Portela, de Cangas, virtuoso baixista, dende hai anos toca en diversas formacións Metal e Rock da Vila, entre elas Universal Mind, Hypnos Day e Orquestra Norcorea. Participou en Galiza Woodstock, Rock is Dead Fest e en varias Jam Session de Morrazica (Asociciación metal do Morrazo). Cursa estudos de Interpretación na Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas.

David Zabala Villar, nado en Vigo comezou a tocar guitarra clásica aos 8 anos influenciado polo seu pai, profesor de Música en diversos Conservatorios. Aos 9 anos ingresa no Conservatorio de Vigo e namentres estudaba guitarra descubre a Steve Vain con 16 anos e comeza interesarse pola guitarra eléctrica.
Debido a otros estudios universirarios ten que deixar o conservatorio. Posúe o Grao Medio. Dende aquela non parou de tocar aquí e acolá con músicos de varios xéneros a eléctrica ate fundirse con ela. E tambén guitarrista en dúas bandas locais máis. Ademáis é profesor de guitarra dende 2012.
Participou tam´én en diferentes festivais como o Rock is Dead Fest e Jam Sessions da provincia.

jueves, 9 de febrero de 2017

"Gardas de 8 a 10"

"Gardas de 8 a 10". Inauguramos un ciclo de conferencias e encontros literarios na Fonte do Galo, co propósito de dar a coñecer temas relacionados coa historia, lingua e cultura galegas. O segundo xoves de cada mes, entre as 8 e as 10 do serán, tes unha cita no noso local. Comezamos o vindeiro xoves 9 de febreiro co gran Anselmo López Carreira, especialista en Historia Medieval cun extenso traballo e obra neste eido, que nos vai ofrecer un interesantísimo relatorio sobre a orixe e fundación de Cangas. Estades todas e todos convidados a participardes!