martes, 28 de abril de 2015

Concerto Acustico de TOM TALES OF MONKEYS

Tales of Monkeys é un grupo morracense de indie folk. Formado hai case dous anos, as súas influencias e crecente experiencia dan lugar a un estilo cheo de contrastes que destacan pola súa personalidade. Despois dun parón de medio ano tras o seu último concerto, volven cun son máis consolidado avalado pola publicación inminente do seu primeiro EP "Guns are all starving"

miércoles, 22 de abril de 2015

Festa Solidária para as Xornadas Anti-Capitalista - Veran 2015

Acracia Morrazo presenta na Fonte a Festa Solidária para as Xornadas Anti-Capitalista - Veran 2015
 A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta de Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).
No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
Forma arte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).

viernes, 17 de abril de 2015

De Mani

Este sábado 18 abril esta convoca unha manifestación que partira dende a alameda vella às 20:30h, contra a suba da auga.
A Fonte do Galo Rock´n`Roll Bar, abrira o rematar a manifestación.

sábado, 4 de abril de 2015

Session Friends con Toño "Melenas" e inaguracion de exposición


Venres 24 abril Inaguracion exposición de portadas de vinilos de Ska Reggae con Session Friends de TOÑO "Melenas"

Cine abril

Martes 7 abril ás 20:30h
"LA HAVRE"

Sinopse
Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exiliouse voluntariamente e estableceuse na cidade portuaria de Le Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpabotas, porque así se sente máis preto da xente. Tras renunciar ás súas ambicións literarias, a súa vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar da esquina, o seu traballo e a súa muller Arletty; pero, cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado, armado unicamente co seu optimismo e coa incondicional solidariedade dos veciños do barrio, para evitar que o seu protexido caia en mans da policía.
Premios
2011: Premios Cesar: 3 nominacións: mellor película, director e deseño de produción
2011: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI. Sección oficial a concurso
2011: Premios do Cine Europeo: 4 nominacións, incluíndo mellor película
2011: Critics Choice Awards: Nominada a Mejor película estranxeira
2011: Satellite Awards: Nominada a Mejor película de fala non inglesa
2011: Premios David dei Donatello: Nominada a mellor película da Unión Europea
2011: Festival de Chicago: Mellor película
-----------------------------------------------------------------------------
Martes 21 abril ás 20:30h
"Angst essen Seele auf"

Sinopse
Nun café ao que acoden os traballadores inmigrantes, Emmi Kurowski, unha viúva duns sesenta anos, coñece a Salem, un marroquí treintañero. Inducido pola dona do bar, Salem invita a Emmi a bailar, falan, acompáñaa a casa e, ao día seguinte, queda a vivir con ela. Esta relación provoca un grande escándalo, e as veciñas visitan o propietario do edificio para denunciar a Emmi.

Premios
1974: Cannes: Premio do Xurado Ecuménico. Premio FIPRESCI