viernes, 30 de enero de 2015

jueves, 29 de enero de 2015




 NOVA INICIATIVA CULTURAL A TRAVÉS DO SÉPTIMO ARTE

En Cangas existe un local coñecido por ser un referente musical e de ocio de toda a zona. Trátase da Fonte do Galo, que ademais de ser un centro de reunión e desfrute, realiza numerosas actividades para os habitantes da vila e de todo o Morrazo. O devandito bar ten previsto para hoxe martes ás 20:30, a estrea do seu 1º Ciclo de Cine Social coa proxección de "A soidade do corredor de fondo" (The Loneliness of the Long Distance Runner, 1962).

Este ciclo, programado conxuntamente entre o rock´n´roll bar, Acracia e a Asociación Musical Deskarga Furtiva, ten previsto realizar dúas sesións mensuais sendo este filme inglés o elixido para o día da estrea.

“The Loneliness of the Long Distance Runner” é un traballo dirixido por Tony Richardson e que narra a historia dun mozo deNottingham. Tras o roubo nunha panadaría, este rapaz será trasladado a un reformatorio onde comezará a súa carreira como corredor de fondo, gañando postos na institución penitenciaria grazas aos seus dotes. Será neses momentos de adestramento cando comezará a recapacitar sobre a súa vida actual e pasada e comprender a realidade que lle tocou vivir.

O filme, baseado no relato de Alan Sillitoe, gozou de moi boa crítica no momento do seu lanzamento e é catalogado como unha das obras indispensables á hora de falar de cine europeo.
Cabe mencionar que son numerosos os grupos musicais que dedicaron unha peza á vida do novo personaxe. Un exemplo disto témolo nos grupos ingleses Iron Maiden e o seu álbum Somewhere in a Time ou The Angelic Upstarts en Reason Why?, onde ambos engaden unha canción co mesmo título que dita obra.

Esperemos que esta iniciativa se manteña durante moitos meses máis e o público poida gozar de obras como a que será proxectada hoxe, unha grande elección para comezar unha programación sobre cine social.


 Inauguración da exposición de pintura de Jesús Suárez Otero, venres 23 Xaneiro a partir das 21:30h con pinchos e pinchada do Comando Vinilo