jueves, 24 de septiembre de 2015

Bases do 1 Concurso de Fotografia da Fonte do Galo

I Concurso  de Fotografía A Fonte do Galo (Rock´n`Roll Bar)


1.    TEMA
As rúas imposibles de Cangas

2.    PARTICIPANTES
Poderan participar todos/as aficionados/as e profesionais que o desesen

3.    DATA DE ADMISIÓN
Os traballos entregaranse no Bar A Fonte do Galo, Cangas, entre os días 1 de outubro ata o 18 de novembro do 2015

4.    PRESENTACIÓN DOS ORIXINAIS
As fotografías deberán ser orixinais e presentarse impresas nun tamaño A3 e en soporte rixido de pael carton pluma. Coro u Branco e negro.
Poderan ser tomadas con calquera tipo de cámara, mobil, Tablet…
Permitirase o retoque das fotografías, sempre que sesa para aplicar filtros globais que melloren a sua calidade (brillo, contraste…) Non estará permitido, engadir ou eliminar elementos, mixturar varias fotos ou modificar a sua composición orixinal.
É importante que os participantes poñan un titulo a sua obra que ira escrito no reberso da foto e no exterior dun sobre pechado onde previamente se introducirán os datos persoais, nome e apelidos, tlf de contacto.
Aquelas fotografías que non cumplan os requisitos destas bases será desestimada tres premios.

5.    PREMIOS
1º PREMIO  XURADO      100€ e pack de merchandising da Fonte do Galo
2º PREMIO  PUBLICO         50€ e  pack merchandising de da Fonte do Galo
3º PREMIO FONTE DO GALO   pack merchandising  + vale de duas  consumicions

6.    DEREITOS
O concursante debe ser o único titular dos dereitos de autor da fotografía presentada, e deberá asegurarse que terceiras persoas non poidan reclamar nengun dereito con respeto as fotografías que se presenten o concurso. A organización non se fara responsable de posibles fraudes na titularidade das fotografías presentadas.
A organización reservase o dereito a excluir calquera dos traballos presentados, se considera que non se axusta a temática do concurso ou se resulta ofensiva.
Os participantes son os donos das fotografías presentadas, que cederán a organización para posibles exposicións , divulgación do concurso (redes sociais, prensa…), ou de uso de publicidade das distintas actividades que a propia organización realice, mencionarase en todo caso sempre o autor.


7.    XURADO
O xurado do primer premio estará composto por Xabicas, Fran Jalda, Paulo  de Deica udiovisual o propio público fara a selección do segundo premio e os resposables do bar do tercer premio.

8.    PRAZOS
Datas de entrega das fotografías: do 1 outubro ata o 18 de novembro do 2015, no propio Bar en horario de apertura
Expo: as fotografías estarán expostas na Fonte do Galo do 18 de novembro o 20 de decembro.
Fallo do xurado: o fallo do xurado será o 4 de decembro e se fara entrega dos premios
Recollida: As fotografías poderan ser retiradas polos propietarios a partir do 21 de decembro do 2015, toda aquela foto que nun tempo prudencial non sesa recollida polo propietario pasara a formar parte do mobiliario do bar.
Calquera incidencia que poida xurdir, non prevista nestas bases, será resolta pola organización do concurso.

9.    BASES
A participación no concurso supon a aceptación de todas e cada una das presentes normas recollidas nestas bases.

martes, 26 de mayo de 2015

Horario de Veran

A partir do 1 de xuño cambiamos horario
Mercores e Xoves a partir das 21:00h
Venres, Sabados e Visperas de Festivos ás 23:00h


sábado, 9 de mayo de 2015

jueves, 7 de mayo de 2015

20 de Maio dia sen Musica

                                                     MANIFESTO
                               "Sen música a vida sería un erro"


Tras máis de dous anos sufrindo un abuso fiscal inxustificado, en forma dun IVE do 21%, e o abandono histórico que as administracións públicas mantiveron sobre a música en directo - o subsector cultural menos subvencionado no noso país - é o momento de reafirmar o que valoramos e polo que traballamos:

Valoramos o carácter universal da música como unha das formas de expresión e comprensión máis antigas- posiblemente a máis antiga- da humanidade, capaz de unir e emocionar as persoas, máis alá da súa orixe, condición cultural e/ou social.
Valoramos que a música, e particularmente a música popular en directo, é Patrimonio Cultural de todos os cidadáns.
Valoramos a capacidade do noso país para producir novos contidos musicais convertibles en riqueza e empregos sostibles.
Valoramos a achega social e cultural de todos os concertos en directo e a importancia de ter un mercado competitivo para os máis grandes co fin de conseguir traer ao noso país o maior número posible deles.
Valoramos os empresarios establecidos e os emprendedores en sectores determinantes para a creación de imaxinarios culturais propios, como é o mundo a música.
Valoramos as salas e locais onde se aposta por programar música en directo e a importancia de que poidan ofrecer prezos accesibles a todos os estratos sociais.

A deterioración destes valores é vertixinosa e a música en vivo corre o perigo de desaparecer do noso país.

Á vista da situación, esiximos ao Goberno unha inmediata e significativa redución no tipo impositivo que actualmente grava o consumo final de música en vivo no noso país, e que nos coloca nunha posición de extrema debilidade fronte ao resto dos principais países da Zona Euro, que aplican á música un imposto do valor engadido reducido, para favorecer o consumo e o reinvestimento en talento.

É por iso que os que subscriben este Manifesto, adhírense á xornada de protesta convocada polas nosas asociacións, o próximo mércores 20 de Maio, día en que a música en vivo -e esperamos que tamén a que non é en vivo- calará totalmente, deixando salas e locais de concertos en silencio, como mostra do baleiro cara a onde nos leva ser o país co IVE sobre a música máis alto de toda a Unión Europea.


 Pedimos a adhesión a este Manifesto ao conxunto de todos os cidadáns que consideran a música como algo fundamental nas súas vidas e que, sen sabelo, están a pagar e sufrindo as consecuencias de tan disparatada medida gobernamental.

En definitiva, sexas quen sexas e esteas onde esteas:
o 20 de Maio apaga a música, para que no futuro poida soar


                                                          LUCIO 
                                                                      Sipnosis:
 Anarquistas houbo e segue habendo bastantes no mundo. Os que tiveron que cometer atracos ou introducirse no contrabando para a causa son numerosos. Os que discutiron estratexias con El Ché ou axudaron a Eldridge Cleaver -o líder dos Panteras Negras- son os menos. Os que unido a todo o anterior, conseguisen poñer contra as cordas ao banco máis poderoso do planeta mediante a falsificación masiva de traveller checks, e sen faltar un só día ao seu traballo de albanel de construción, só hai un. Lucio Urtubia, fillo de Cascante (Navarra).

sábado, 2 de mayo de 2015

Zona Especial Norte Exposición Portadas de Vinilo

 Zona Especial Norte Exposición Portadas de Vinilo
¿Te acuerdas qué bien lo pasábamos antes? Había mucha marcha en los tiempos oscuros. Hoy parece que la democracia te ha dejado hecho polvo y que le has cogido el gusto a que te den por el culo. Quién diría que esas lentas piernas que no van a ningún lado son las tuyas. Antes ibas por todas partes corriendo y ahora te veo completamente colgado e indeciso. ¡Eh, tío! Esperas demasiado. Tu tímida mirada muestra que el no saber qué hacer te ha dejado sin fuerza. De verdad que parece que estás completamente acabado. ¿No puedes recordar que fuiste un inconformista? ¡Eh, tío! Esperas demasiado. Sal a la calle y recupera tu marcha. Esperando no puedes conseguir nada"

viernes, 1 de mayo de 2015

La Mona lista

 Pues nos metieron en La Mona lista, 10 locales con encanto
http://www.lamonalista.es/blog/item/334-10-locales-con-encanto

Esto dicen de nosotros....

A Fonte do galo Rock and Roll, un nuevo local en Cangas, o más bien el remake de un bar donde tantísimas personas de nuestra generación han pasado muchas de sus primeras horas de las noches del fin de semana. Ahora con un concepto nuevo, muy inspirado en Los Ramones, se ha convertido además de en un bar de visita obligada en la vida nocturna del Morrazo, en un lugar donde el compromiso social cobra una gran importancia y donde la cultura se manifiesta de diferentes maneras. Un ejemplo, el ciclo de cine celebrado allí el mes pasado.

martes, 28 de abril de 2015

Concerto Acustico de TOM TALES OF MONKEYS

Tales of Monkeys é un grupo morracense de indie folk. Formado hai case dous anos, as súas influencias e crecente experiencia dan lugar a un estilo cheo de contrastes que destacan pola súa personalidade. Despois dun parón de medio ano tras o seu último concerto, volven cun son máis consolidado avalado pola publicación inminente do seu primeiro EP "Guns are all starving"

miércoles, 22 de abril de 2015

Festa Solidária para as Xornadas Anti-Capitalista - Veran 2015

Acracia Morrazo presenta na Fonte a Festa Solidária para as Xornadas Anti-Capitalista - Veran 2015
 A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta de Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).
No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
Forma arte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).

viernes, 17 de abril de 2015

De Mani

Este sábado 18 abril esta convoca unha manifestación que partira dende a alameda vella às 20:30h, contra a suba da auga.
A Fonte do Galo Rock´n`Roll Bar, abrira o rematar a manifestación.

sábado, 4 de abril de 2015

Session Friends con Toño "Melenas" e inaguracion de exposición


Venres 24 abril Inaguracion exposición de portadas de vinilos de Ska Reggae con Session Friends de TOÑO "Melenas"

Cine abril

Martes 7 abril ás 20:30h
"LA HAVRE"

Sinopse
Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exiliouse voluntariamente e estableceuse na cidade portuaria de Le Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpabotas, porque así se sente máis preto da xente. Tras renunciar ás súas ambicións literarias, a súa vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar da esquina, o seu traballo e a súa muller Arletty; pero, cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado, armado unicamente co seu optimismo e coa incondicional solidariedade dos veciños do barrio, para evitar que o seu protexido caia en mans da policía.
Premios
2011: Premios Cesar: 3 nominacións: mellor película, director e deseño de produción
2011: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI. Sección oficial a concurso
2011: Premios do Cine Europeo: 4 nominacións, incluíndo mellor película
2011: Critics Choice Awards: Nominada a Mejor película estranxeira
2011: Satellite Awards: Nominada a Mejor película de fala non inglesa
2011: Premios David dei Donatello: Nominada a mellor película da Unión Europea
2011: Festival de Chicago: Mellor película
-----------------------------------------------------------------------------
Martes 21 abril ás 20:30h
"Angst essen Seele auf"

Sinopse
Nun café ao que acoden os traballadores inmigrantes, Emmi Kurowski, unha viúva duns sesenta anos, coñece a Salem, un marroquí treintañero. Inducido pola dona do bar, Salem invita a Emmi a bailar, falan, acompáñaa a casa e, ao día seguinte, queda a vivir con ela. Esta relación provoca un grande escándalo, e as veciñas visitan o propietario do edificio para denunciar a Emmi.

Premios
1974: Cannes: Premio do Xurado Ecuménico. Premio FIPRESCI

lunes, 16 de marzo de 2015

Nº 2 do Fanzine Taberneiro "O CANTO DO GALO"

¡¡¡ATENCION!!!
Xa esta listo pa sair do forno o Nº 2 do Fanzine Taberneiro "O CANTO DO GALO" sera o venres 27 de marzo  

domingo, 8 de marzo de 2015

martes, 3 de marzo de 2015

Ciclo de cine, mes de marzo



Martes 10 marzo ás 20:30h 
La Haine 

Sinopse
Tras unha noite de disturbios nun barrio marxinal dos arredores de París, tres amigos adolescentes, Vinz, Saïd e Hubert (un xudeu, un árabe inmigrante e un boxeador afeccionado negro, respectivamente), son testemuñas dun feito, no que o seu amigo Abdel resulta ferido pola policía. Deambular pola cidade, a violencia entre bandas e os conflitos coa policía son as constantes nas 24 horas seguintes da vida destes mozos. 


Premios
1995: Festival de Cannes: Mellor Dirección
1995: Premios do Cine Europeo: premio da xuventude
1995: Premios Cesar: Mellor película e montaxe. 10 nominacións

Críticas
Obtivo excelentes críticas e un grande éxito de público en Francia, coroado con 3 premios César da academia francesa -incluíndo o de mellor película do ano- que a confirmaron como unha fita clave do cine francés dos noventa.

 

Martes 24 marzo às 20:30h
Louise Michel
Sinopse
Nunha fábrica da Picardie francesa lévase a cabo unha redución de persoal. Uns meses despois, aínda que as traballadoras están alerta, un regalo da empresa tranquilízaas. Á mañá seguinte, descobren que a fábrica foi desmantelada durante a noite para ser trasladada a outra poboación. As empregadas deciden entón xuntar as súas ridículas indemnizacións para financiar un proxecto de recolocación laboral. Louise, a máis tola de todas, ten unha idea factible e alcanzable: contratar un asasino profesional para que mate o xefe!

Premios
2008: San Sebastián: Mellor guión

domingo, 1 de marzo de 2015

domingo, 22 de febrero de 2015

jueves, 5 de febrero de 2015

1º Ciclo de cine social en Cangas 2015

Castaway on the moon 
 Martes 10 febreiro ás 20:30h
 Sinopse
Narra a historia dun home que queda atrapado nunha illa dende a cal se pode ver a metrópole, pero non alcanzala. A historia comeza cando un executivo se lanza ao río Han para suicidarse... e inesperadamente esperta nunha illa deserta, a metade do río, onde vive apartado da civilización. Unha moza, recluída no seu cuarto por anos, obsérvao de lonxe... Os destrutivos efectos da recesión económica mundial e a alienación urbana serven como contexto á historia de amor que narra esta segunda longametraxe do coreano Hey-Jun Lee. (FILMAFFINITY


Moolaadé
Martes 24 febreiro ás 20:30h
 Sinopse
Collé Ardo vive nun pobo africano. Hai sete anos non permitiu que a súa filla fose sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie. Hoxe catro nenas foxen para escapar do ritual da purificación e piden a Collé que as protexa. A partir dese momento, enfróntanse dous valores: o respecto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación (a salindé). (FILMAFFINITY)
 Premios
2004: Festival de Cannes: Mellor película ("Un certain regard"), Premio do Xurado

Críticas
"Non" ver 'Moolade' sería perderse a oportunidade de experimentar o potencial de seducir, convencer e cambiar que ten o cine humanista na súa máxima expresión. (...) Unha obra mestra"
A. O. Scott: The New York Times
"Un filme dunha beleza, humor e profundo afecto pola natureza humana.
Roger Ebert: Chicago Sun-Times
"Unha obra mestra así ten potencial para cambiar o mundo. "
Muxe Schwarzbaum: Entertainment Weekly
"É un filme claramente debedor de formas de facer ás que estamos pouco afeitos, pero que se ve con prístina claridade, que se comparte sen esforzos; que constitúe, en fin, unha imprescindible ferramenta de denuncia e coñecemento. "
M. Torreiro: Diario El País
"Unha película ben accesible (...) o desenvolvemento da acción non ten nada de naif (...) Semben aplica unha mirada sabia, serena e colorista aos seus personaxes.
Antonio Weinrichter: Diario ABC

domingo, 1 de febrero de 2015

viernes, 30 de enero de 2015

jueves, 29 de enero de 2015




 NOVA INICIATIVA CULTURAL A TRAVÉS DO SÉPTIMO ARTE

En Cangas existe un local coñecido por ser un referente musical e de ocio de toda a zona. Trátase da Fonte do Galo, que ademais de ser un centro de reunión e desfrute, realiza numerosas actividades para os habitantes da vila e de todo o Morrazo. O devandito bar ten previsto para hoxe martes ás 20:30, a estrea do seu 1º Ciclo de Cine Social coa proxección de "A soidade do corredor de fondo" (The Loneliness of the Long Distance Runner, 1962).

Este ciclo, programado conxuntamente entre o rock´n´roll bar, Acracia e a Asociación Musical Deskarga Furtiva, ten previsto realizar dúas sesións mensuais sendo este filme inglés o elixido para o día da estrea.

“The Loneliness of the Long Distance Runner” é un traballo dirixido por Tony Richardson e que narra a historia dun mozo deNottingham. Tras o roubo nunha panadaría, este rapaz será trasladado a un reformatorio onde comezará a súa carreira como corredor de fondo, gañando postos na institución penitenciaria grazas aos seus dotes. Será neses momentos de adestramento cando comezará a recapacitar sobre a súa vida actual e pasada e comprender a realidade que lle tocou vivir.

O filme, baseado no relato de Alan Sillitoe, gozou de moi boa crítica no momento do seu lanzamento e é catalogado como unha das obras indispensables á hora de falar de cine europeo.
Cabe mencionar que son numerosos os grupos musicais que dedicaron unha peza á vida do novo personaxe. Un exemplo disto témolo nos grupos ingleses Iron Maiden e o seu álbum Somewhere in a Time ou The Angelic Upstarts en Reason Why?, onde ambos engaden unha canción co mesmo título que dita obra.

Esperemos que esta iniciativa se manteña durante moitos meses máis e o público poida gozar de obras como a que será proxectada hoxe, unha grande elección para comezar unha programación sobre cine social.


 Inauguración da exposición de pintura de Jesús Suárez Otero, venres 23 Xaneiro a partir das 21:30h con pinchos e pinchada do Comando Vinilo